“Desde Santiago formamos xente de 62 países e atendemos vítimas de violencia de todo o mundo”
NURIA PEREIRA
DIRECTORA DO INSTITUTOCAMPUS STELLAE
Esta compostelá experta en protocolo leva desde Galicia un proxecto que ofrece formación e asesora alumnos de todos os continentes
Enrique Carballo ecarballo@l-v.es
Experta en grafoloxía, protocolo,criminoloxía e dereito, entreoutros campos, Nuria Pereira (Santiago de Compostela, 1964) dirixe desde a capital galega o Instituto Europeo Campus Stellae, un proxecto de asesoría e formación multidisciplinar.
P ¿Como comezou o proxecto?
R O instituto creouse en 1993 para dar un posgrao sobre a Unión Europea. Despois, foise ampliando a medida que o facían as competencias europeas. Agora temos 94 másters en oito áreas, desde agrafoloxía ou o protocolo á violencia doméstica.
P Tamén asesoran vítimas deste tipo de violencia...
R Si. Tendemos a man de xeito gratuíto tanto a vítimas como a familiares, en violencia contra homes, contra mulleres, situacións de pedofilia... Chégannos casos terribles de todo o mundo, consúltannos ata desde México.
P ¿Teñen alumnos estranxeiros?
R Nun principio tiñamos poucos, pero, a partir de 2005, apostamos pola formación online e xa damos cursos bilingües en inglés. Agora, a metade dos nosos alumnos son de fóra, e cada vez son máis. Temos xente de 62 países, tamén de Asia e África, pero sobre todo europeos e norteamericanos. Resulta moi enriquecedor.
P ¿Créase entón colaboración entre os seus alumnos?
R Si, a nosa plataforma serve para debater e compartir ideas entre expertos de moitos países e de aí saíron proxectos empresariais.
P ¿Cales son os proxectos do instituto nun futuro?
R Ofrecemos un novo curso de peritos xudiciais, con formación en grafoloxía e en coñecementos xurídicos como a aplicación da lei de protección de datos. Así mesmo,creamos un espazo cultural en Compostela para recuperar a figura do artista galego. Tamén serviu para que expuxesen aquí pintores ou fotógrafos doutros lugares, como Noruega.“Con só observar a súa firma, decateime de que Schumacher non xoga limpo”
P ¿Teñen moita demanda os cursos de protocolo?
R Cada vez máis en institucións públicas e empresa porque a importancia do protocolo internacional cada vez é maior. Hai xente moi competente tecnicamente que non logra éxito por non comunicar.
P ¿Serve na vida práctica?
R ¡Si, por suposto! En dúas universidades que coñezo, Oxford e Cambridge, é unha asignatura obrigatoria.
P ¿Cales son as claves para saber comportarse?
R Ter unha gran capacidade de escoitar, comunicar con prudencia e ser natural. Tamén é importante falar de ti a ti: poñerse ao nivel do interlocutor,non a diferentes alturas.
P ¿Cales son os aspecto que máis se descoidan?
R A comunicación non verbal. Os xestos, as miradas, as pausas, o que facemos coas mans... A un político pódenlle dar o discurso escrito, pero os seus xestos comunican.
P ¿E a firma transmite rasgos da personalidade?
R Totalmente. Un disfrázase coa roupa, co peiteado, pero a firma é dificilmente manipulable. Eu non sei nada de Fórmula 1 nin de Moto GP, pero só con ver a firma de Schumacher decateime de que non xogan limpo. En cambio, Rossi é un tío san á hora de competir.
P Vostede tamén é planificadora de vodas...
R Sobre iso hai un gran desprestixio da profesión: hai quen se pon o título sen selo.
P ¿Que hai que saber?
R Para deseñar unha voda interveñen a socioloxía, a psicoloxía, a grafoloxía, a antropoloxía... O protocolo éunha ciencia. Os erros máis frecuentes son non ter en conta o lugar, a época e os invitados.
Instituto Europeo Campus Stellae
World Press Area
C/ Concepción Arenal, nº 1.
15702- Santiago de Compostela. España
T.: 0034-981-522788
No hay comentarios:
Publicar un comentario